Friday 10 de May de 2024

Festival de clausura do Verán Cultural


Os máis de 140 nenos e nenas que participaron durante os meses de verán nos campamentos de conciliación Xoga con Nós e Camp of Cultural Summer participaron este mediodía no festival de clausura desta iniciativa pertencente ao programa municipal do Verán Cultural.

Coa presenza dos seus pais e nais, e tendo en conta que a temática dos campamentos de este verán estaba adicada a Europa, os pequenos ofreceron no Auditorio Municipal un chamativo espectáculo de música e baile caracterizados con disfraces típicos de Italia, Portugal, Alemania, Francia e España. Para finalizar realizouse a entrega de diplomas por parte do Teniente Alcalde, Emilio Pérez.